grandepedra
consultora|urbanismo|construción
consultora
asesoramento catastral
introducción ó servizo
Fronte á tramitación de solicitudes á Xerencia Territorial de Catastro con diferentes fins e motivado normalmente por incorreccións por parte da administración nas descripcións dos bens inmobles sexan estes parcelas, apartamentos, locais comerciais, naves industriais, ou vivendas unifamiliares.
tipoloxías do servizo
1. declarando cambios de superficie, forma e xeoposición dunha parcela incorrectamente catastrada na cartografía oficial do catastro.
2. declarando altas de novas construccións, reformas, ou ampliacións.
3. declarando cambios de uso nos inmobres ou cultivo en parcelas.
4. alegacións contra un expediente de regularización catastral incorrectamente iniciado por parte da administración catastral.
5. declarando cambios de titularidade por compravendas ou herdanzas.
6. declarando reparcelamentos consistentes en agrupacións / segregacións de parcelas.
7. declarando ou alegando unha discrepancia na valoración catastral feita por facenda dun ben inmobre determinado, mediante informes de reclamación económico administrativa contra o valor catastral formulado pola administración. (subidas excesivas do imposto de bens inmobles IBI).
8. declarando a baixa de inmobres por ruina ou demolición. Isto quere dicir o borrado da base de datos para que nunca se recargue no correspondente IBI a partir do ano seguinte.
9.Mediando en "actas de deslinde" entre propietarios con difultades para poñerse dacordo cunha linde entre parcelas. Recollendo a información catastral histórica que puidese arbitrar técnicamente as posturas e chegar a un acordo que sempre será mais económico e menos doloso que resolvelo xudicialmente.
condicións do servizo
Para realizar con éxito unha declaración, alegación ou calquera outro procedemento reclamatorio coa Xerencia de Catastro será necesario analizar e cotexar por parte desta oficina os datos de caracter persoal do solicitante e as escrituras ou títulos de propiedade que o propietario posúe sobre o ben inmobre. Ás veces o estado das escrituras non describen correctamente a superficie, antigüidade, ou ben os tributos derivados do documento público non están correctamente pagados, o cal sería un problema para que o catastro fixese caso ó contido da nosa alegación ou declaración.
Será necesario nestes casos, trala análise efectuada por esta oficina sobre o estado dos seus títulos de propiedade, levalas a un notario para que redacte a actualización do documento público de propiedade que describa correctamente as dimensións do ben inmobre ou a pertenza lexítima do seu titular. Para saber máis sobre este servizo pode expoñerse en contacto con esta oficina para expoñer o caso concreto.
galería de traballos
traballos en parcelas núcleos rurais onde os cicundados das vivendas aparecen mal catastrados antes e despois da tramitación na Xerencia Provincial de Catastro