Urbanismo
Reparcelacións: Agrupación, Segregación e Parcelamentos
REPARCELACIÓNS. Introducción ó servizo
As reparcelacións son o complexo acto de reconfigurar unha ou varias parcelas colindantes dando lugar a un novo conxunto de parcelas que posúen novas superficies, formas e propiedades urbanísticas coma o fito de que, por exemplo poidan ser edificables.
Estamos en Galicia nun territorio urbano e periurbano con múltiplicidade de propietarios, enorme número de parcelas e forma das mesmas que necesitan dun traballo de organización dos propietarios previo a construír, vender ou herdar.
¿Queres mover os marcos? Isto é o que precisas saber
Tipoloxías e requerimentos para reconfigurar as referencias catastrais
Isto ocorre cando un propietario ten varias parcelas pequenas colindantes e desexa simplificar os documentos de propiedade nun só e obter unha única referencia catastral.
Non precisa de licenza municipal
Necesita da escrituración do acto en documento notarial.
Necesita do pago de impostos no ATRIGA do 1,5% do valor fiscal en escritura da parcela agrupada. Pero agrupar en solo rústico está exento deste imposto.
Necesita ser informado a catastro tras todo o anterior para dalo de alta na cartografía oficial e poder optar ó rexistro da propiedade.
Necesita de autorización municipal mediante a solicitude de licenza de segregación redactando un pequeno proxecto.
Necesita da escrituración do acto en documento notarial.
Necesita do pago de impostos no ATRIGA do 1,5% do valor fiscal en escritura de cada parcela segregada.
Necesita ser informado a catastro tras todo o anterior para dar de alta na cartografía oficial e poder optar ó rexistro da propiedade.
NOTAS: esta oficina ten experiencia en casos difíciles onde non é posible conseguir a licenza municipal de segregación
Os fins destas operacións poden ser múltiples e teñen que ver con: Privados (particulares ou empresas propietarias) que desexan optimizar o valor e rendemento urbanístico xeralmente relacionado coa optimización de parcelas urbanas ou de núcleo rural edificables.
Desenvolvemento urbanístico privado ou publico de "unidades de actuación" en solos urbanos ou solos urbanizables descritos nos PXOM
"Concentracións parcelarias" no solo rustico e núcleo rural dun área designadas por un concello i en colaboración coa XUNTA.
Necesita de autorización municipal mediante a solicitude de licenza de segregación redactando un pequeno proxecto.
Pasos a dar
Nesta oficina axudámosche a conseguir a mellor solución de parcelación para os teus intereses coma propietario mediante xeometría e tendo en conta a normativa urbanística e asesorándote nos pasos sucesivos xa que estamos ante un acto que necesita de varios axentes ó longo de meses tralo noso traballo. Acompañarémoste neste proceso municipal, notarial, fiscal e mesmo rexistral.
A administración encargada de autorizar as reparcelacións é normalmente na maioría de casos o servizo de urbanismo dos concellos mediante a concesión de licenza a un proxecto de reparcelamento e dependendo da ordenanza fiscal municipal será necesario o pago de taxas por segregación.
Nun segundo paso, o axente encargado de reconfigurar xurídicamente as propiedades será a notaría, que redactará os novos documentos públicos de propiedade de cada nova parcela incluídos os de cesión ó propio concello e descritos no proxecto e na licenza municipal.
O terceiro paso será o pago dos tributos na Axencia Tributaria de Galicia ATRIGA derivados da valoración fiscal de cada parcela descrita nos documentos públicos notariais, tendo en conta os diferentes tipos impositivos e bonificacións tributarias respecto de cada clase urbanística de solo en base á normativa fiscal vixente.
Por último, presentarase na xerencia Territorial de Catastro o proxecto de reparcelamento, con copia da licenza municipal, o documento público e a carta de pago dos tributos para que a nova realidade parcelaria se redibuxe na cartografía catastral oficial. Finalmente a propiedade deberá pola súa iniciativa inscribir as parcelas no rexistro da propiedade ou ben modificar, se xa estaban as anteriores rexistradas, a súa nova descripción.

Estado actual antes da segregación
Circundado de parcela xa construída co obxectivo de construír unha vivenda xa que existía superficie suficiente urbanística con tal fin
Cartografía catastral despois da segregación
Meses despois da tramitación da segregación en catastro solicitando os cambios trala licenza